Escolas Municipais de Ximnasia (Pontevedra)

// 10 septiembre, 2012 // General

Escolas Municipais de Ximnasia 2012-2013A partir do mércores 12 de setembro, ábrese o período de inscrición das Escolas Deportivas Municipais de Pontevedra organizadas polo IMD.

Chegadas estas datas e coincidindo co inicio do curso escolar, o Instituto Municipal de Deportes pon a disposición das entidades deportivas do concello recursos económicos e infraestruturas necesarias para iniciar aos nenos entre 4 e 14 anos en distintas modalidades deportivas como parte da súa educación integral encamiñada a unha posterior especialización.

A actividade comezará o luns, 1 de outubro.

O club Ximnasia Pontevedra participa impartindo as clases de iniciación á ximnasia con vistas á unha posterior especialización en ximnasia artística, ximnasia acrobática, trampolín e tumbling.

Ofértanse 1.800 prazas en todas as modalidades e o prezo de inscrición é de 45 euros/anuais por neno en cada unha das escolas que participe. As inscricións deberanse realizar no Pabillón Municipal de Deportes (Instituto Municipal de Deportes-IMD), dende o mércores 12 de setembro en horario de 09.00-13.00 horas ou de 16.30 a 20.00 horas, de luns a venres.

Para máis información pódese chamar, no citado horario, ao número 986 872 013 ou mediante o correo electrónico a dirección imd@pontevedra.eu.

Dejar un comentario

:D :) :( :o 8) :eek: ;-( :grin: :wink: :arrow: :idea: :?: :!: :evil: O:) :-| :-* :-(( :poke: :love: :tired: :emotion: :party: :clown: :worried: X( :p

http://www.youtube.com/watch?v=n_lT1Vl0zQg?t=27m20s

Próximos eventos

  • No hay eventos.

Calendario

diciembre 2018
L M X J V S D
 12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31EC

Fotos

Archivos