Archive for 11:21

As bolsas VIDE 2010 premian o traballo dos deportistas vigueses no 2009

// 11:21 // No Comments » // Anuncios, Convocatorias

VIDE aposta polo deporte feminino na apertura do prazo de inscrición para as becas de deportistas individuais.

Documentos necesarios para a solicitude.

Vigo, 28 de xaneiro do 2010. Xabier Alonso e Laura Magdalena, presidente e directora xerente da Fundación Vigo en Deporte, presentaron as bolsas VIDE 2010, coas que a Fundación premia o traballo dos deportistas vigueses no 2009 e cuxo prazo se abre do 1 ao 28 de febreiro.

Segundo o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, “VIDE chega onde o Concello non pode cubrir algunhas subvencións”, polo que é un elemento complementario. O concelleiro recoñeceu que “ano a ano esta é unha opción importante para os deportistas”, que en 2009 presentaron 84 solicitudes entre bolsas elite (41) e bolsas base (43). O concelleiro constata que cada ano hai máis solicitudes.

Laura Magdalena, pola súa banda, amosouse satisfeita porque ese incremento de peticións de bolsa “demostra que os deportistas confían cada vez máis na Fundación”, xa na súa oitava convocatoria de axudas. E anunciou que este ano se vai primar máis o deporte feminino: “Queremos facer unha valoración positiva das mulleres deportistas que teñan unha progresión”, sostivo. E en igualdade de condicións terase en conta a súa traxectoria. Dende 2003 ao 2009 VIDE repartiu 135 axudas económicas entre Base, Elite e Olímpicas (estas no 2008), beneficiando a 83 deportistas (51 homes e 32 mulleres). A Fundación entende que se pode equilibrar esta balanza.

Os tipos de bolsa son dous, Base (nados despois do 1 de xaneiro de 1994), que se premia con 1.000 euros netos, e Elite (nados antes de esa data), cunha doazón de 2.000 euros netos. O comité executivo de VIDE decidirá en marzo os receptores das bolsas (non hai números pechados) en función dos méritos.

(Castellano) Calentamos motores para la Copa

// 00:29 // 1 Comment » // General, Novas

Sentímolo, esta entrada só está disponible en Castellano.

Páxina para seguir a Copa Galicia 2010

// 00:15 // No Comments » // Anuncios, Competiciones, Noticias del sitio

Copa Galicia 2010

En menos dun mes celebrarase en Ourense a III edición da Copa Galicia de ximnasia acrobática e a II edición da copa na modalidade de trampolín. Para que poidades seguir este evento internacional con comodidade, publicamos unha páxina web con información básica sobre a competición que se actualizará conforme haxa máis datos dispoñibles.

Xa podedes visitar a páxina da Copa Galicia 2010.

(Castellano) La Copa Galicia reunirá a cerca de 400 gimnastas

// 01:48 // 2 Comments » // General, Novas

Sentímolo, esta entrada só está disponible en Castellano.

(Castellano) Internacional de Torres Vedras

// 00:01 // 1 Comment » // General

 Yael Campelo y Daniel Perez se desplazarán este fin de semana a Portugal ( Torres Vedras) para participar en el Internacional de Dobleminitramp y Tumbling que tiene lugar el sábado 23, serán los únicos representates de Club Ximnasia Pontrevedra donde los objetivos son entrar en las finales en DMT y preparar la Copa Galicia.

SUERTE

(Castellano) Vuelve la Copa Galicia

// 21:24 // No Comments » // Anuncios, Competiciones

Sentímolo, esta entrada só está disponible en Castellano.

Se a ximnasia fose fácil, chamaríase fútbol

// 19:38 // 4 Comments » // Audiovisual

Vellas glorias do fútbol australiano demóstrannos o porqué deste dito, mais tamén que con tesón, un pode chegar a facer algúns “pinitos”.

Pais, non tentedes facer isto na casa:

http://www.youtube.com/watch?v=so28EsEEHr0

Feliz día de Reis

// 00:28 // No Comments » // Audiovisual, Novas, Otras noticias

Saúdos a todos:

Esperamos que pasarades unhas boas festas e que os Reis vos trouxeran cousas que non vos maleduquen e moita enerxía para voltar ós adestramentos. Xa vin a algunha ximnasta do clube Ximnasia Pontevedra facendo de paxe de Gaspar, así que algo enchufados si que estabamos. ;) Para que vos vaiades animando, déixovos unha escolma de anuncios de televisión ximnásticos que publiquei en Gimnastas.net.

http://www.youtube.com/watch?v=OPz63IMgrtA

Ver máis.

Ata a próxima. :D