As bolsas VIDE 2010 premian o traballo dos deportistas vigueses no 2009

// 11:21 // Anuncios, Convocatorias

VIDE aposta polo deporte feminino na apertura do prazo de inscrición para as becas de deportistas individuais.

Documentos necesarios para a solicitude.

Vigo, 28 de xaneiro do 2010. Xabier Alonso e Laura Magdalena, presidente e directora xerente da Fundación Vigo en Deporte, presentaron as bolsas VIDE 2010, coas que a Fundación premia o traballo dos deportistas vigueses no 2009 e cuxo prazo se abre do 1 ao 28 de febreiro.

Segundo o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, “VIDE chega onde o Concello non pode cubrir algunhas subvencións”, polo que é un elemento complementario. O concelleiro recoñeceu que “ano a ano esta é unha opción importante para os deportistas”, que en 2009 presentaron 84 solicitudes entre bolsas elite (41) e bolsas base (43). O concelleiro constata que cada ano hai máis solicitudes.

Laura Magdalena, pola súa banda, amosouse satisfeita porque ese incremento de peticións de bolsa “demostra que os deportistas confían cada vez máis na Fundación”, xa na súa oitava convocatoria de axudas. E anunciou que este ano se vai primar máis o deporte feminino: “Queremos facer unha valoración positiva das mulleres deportistas que teñan unha progresión”, sostivo. E en igualdade de condicións terase en conta a súa traxectoria. Dende 2003 ao 2009 VIDE repartiu 135 axudas económicas entre Base, Elite e Olímpicas (estas no 2008), beneficiando a 83 deportistas (51 homes e 32 mulleres). A Fundación entende que se pode equilibrar esta balanza.

Os tipos de bolsa son dous, Base (nados despois do 1 de xaneiro de 1994), que se premia con 1.000 euros netos, e Elite (nados antes de esa data), cunha doazón de 2.000 euros netos. O comité executivo de VIDE decidirá en marzo os receptores das bolsas (non hai números pechados) en función dos méritos.

Leave a Reply

:D :) :( :o 8) :eek: ;-( :grin: :wink: :arrow: :idea: :?: :!: :evil: O:) :-| :-* :-(( :poke: :love: :tired: :emotion: :party: :clown: :worried: X( :p