O sábado 18 é o último día para solicitar as becas como deportista de alto nivel
// 13:02 // No Comments » // Anuncios
ESTE SÁBADO DÍA 18 É O ÚLTIMO DÍA PARA SOLICITAR AS BECAS COMO DEPORTISTA DE ALTO NIVEL.
As solicitudes unicamente se poden presentar de dúas formas:
- No rexistro da Fundación Deporte Galego, en Santiago de Compostela. (de 9:00 a 14:00 h).
- Mediante correo certificado. Neste caso haberá que envíar por fax ou burofax (881 999 842) unha copia do anexo 2 o mesmo día en que se entregue a documentación en Correos.
IMPORTANTE: as solicitudes NON se poden presentar noutros rexistros. Os rexistros da Xunta de Galicia, concellos, deputacións e outros organismos públicos NON son válidos.
Documentación que hai que presentar:
- Anexo 2 (instancia de solicitude)
- Anexo 3 (certificado da federación)
- Anexo 4 (declaración doutras axudas)
- Anexo 5 (memoria)
- Anexo 6 (proxecto deportivo)
- Copia do DNI
- Certificado de conta bancaria
- Certificados de estar ao corrente de obrigas con: Axencia Tributaria Estatal. Seguridade Social. Xunta de Galicia.
BOE de 15 de junio de 2011 onde aparecen Noelia Acuña, Sara García e Carolina Gómez recoñecidas coma deportistas de alto nivel: BOE-15-06-2O11
Máis información en: Deportegalego.es

Mañá sábado, día 7 de maio, celebraráse no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra o Campionato Galego individual e de clubes de trampolín.
) se celebra en Pontevedra a III edición da Copa Galicia de trampolín.












